Representantes dos máis diversos sectores sociais se reúnen no funeral e o enterro de Domingo García-Sabell

A terra acolleu a Domingo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O arcebispo Julián Barrio presidía onte a misa funeral por Domingo García-Sabell no mosteiro de San Martiño Pinario en Compostela. Unha misa en galego, ante un féretro cuberto coa bandeira do país, á que asistiron representantes dos máis diversos eidos da sociedade galega. Onda eles e a familia, numerosos veciños de Compostela e amigos do finado participaron na cerimonia, durante a cal se leron citas de Unanumo e de Santa Teresa de Xesús. Os restos mortais trasladáronse ao cemiterio de Boisaca pasadas as oito da noite, onde se celebrou o enterro no panteón familiar.

Máis información en O Correo Galego; e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Domingo García-Sabell, San Martiño, O Correo Galego, La Voz de Galicia...