A Illa de San Simón acolle de novo, a partir do vindeiro venres 23 e ata o 25, unha edición do Sinsal SON Estrella Galicia baixo a denominación de Sinsal Esencial e cun cartel secreto, como é habitual desta cita. Do cartel artÃstico sabemos que estará conformado por un total de 14 bandas e artistas de Galicia, España, Portugal e EEUU. Del, destaca a alta porcentaxe de grupos liderados por mulleres ou con integrantes femininas na súa totalidade. É o caso de 9 das bandas do cartel, o que representa o 70% da oferta musical.
Ademais este ano Sinsal SON Estrella Galicia introduce unha novidade especial: a posibilidade de gozar do festival a través dun escenario virtual. Esta proposta innovadora, realizada da man do equipo de Liveforevr, rompe os códigos tradicionais de gravación e emisión de contidos musicais. Durante os dÃas do festival, o equipo realizará un Art in Residence na illa coas últimas tecnoloxÃas de vÃdeo e audio inmersivos, e coa colaboración dunha das artistas participantes no festival, esta experiencia inmersiva retransmitirase o sábado 24 de xullo, a partir das 00.00 horas, a través do Twitch e do Instagram de Liveforevr. Ademais desta sesión, Liveforever empregará múltiples técnicas de produción virtual como vÃdeo 3D, 360º, 180º ou escáner volumétrico coa intención de converter a illa de San Simón, durante o Sinsal Esencial, nun laboratorio de Mixed Reality único no mundo. Xunto á sesión audiovisual inmersiva, realizaranse gravacións dos concertos combinando enxeñerÃa e produción cinematográfica para crear unha experiencia multimedia.
Paseo en catamarán con concerto
Outra das actividades paralelas á programación do Sinsal é un paseo en catamarán pola enseada de San Simón cun concerto semiacústico. A sesión, que terá lugar o sábado 24 ás 12.00 horas e cuxas entradas xa están esgotadas, inclúe a estrea ao vivo do disco dun coñecido artista galego que presenta o seu novo proxecto musical. As e os asistentes ao percorrido marÃtimo gozarán desta actuación no escenario móbil FEST Galicia á vez que coñecen o patrimonio natural e histórico deste enclave das RÃas Baixas.
Conversas con perspectiva global
Entre as actividades paralelas que terán lugar durante o Sinsal Esencial, atópanse as xornadas Localizar e deslocalizar. Conversas internacionais sobre igualdade, patrimonio e cambio climático, unha serie de parladoiros que pretende avanzar no debate sobre o futuro sostible dos festivais e da industria musical. A idea abordarase desde unha perspectiva global coa participación de representantes de iniciativas musicais de Canadá, Italia, LÃbano ou Noruega (ademais de Galicia), a través do programa PICE, de Acción Cultural Española. Todos os contidos recolleranse en formato audiovisual e, posteriormente, estarán dispoñibles como podcast na propia web do festival.
Ao longo dos tres dÃas, ao remate do primeiro concerto no escenario FEST Galicia (sobre as 18.00 horas), o espazo acollerá cada dÃa unha conversa temática coa que o festival amosa a súa vontade de contribuÃr á internacionalización das propostas creativas galegas a través de conexións con todo o mundo desde o punto de vista artÃstico e de público. Na xornada do venres 23 celebrarase o parladoiro "Mulleres na cultura internacional. De Oslo a Beirut", que contará coa participación das iniciativas Oslo World (Noruega), Beirut And Beyond (LÃbano) e Descúbreas (Galicia). Na tarde do sábado 24, Localizar e deslocalizar centrarase nas relacións entre "Cultura e cooperación para o desenvolvemento rural", na que se darán a coñecer propostas como Risogimarche (Italia) e Anceu Colivig (Galicia). Finalmente, na tarde do domingo 25, será a quenda da reflexión sobre a "Axenda 2030 e Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) nos festivais internacionais" da man de Global Toronto (Canadá) e We Sustainability (Galicia).