
Da cabalo entre a melancolÃa e unha relaxada alegrÃa intimista, Araújo presenta as súas intencións xa no tema de presentación, Canción perfecta, que marca o camiño dun álbum , creado como moitos no 2020 nese tempo de confinamento e crise pandémica. O proceso de creación no seu estudio de gravación, obtivo como resultado desa introspección dez cancións fermosas de auto afirmación e de reflexión sobre a relativa importancia das cousas. Con algunhas chamadas a exercer de auténticos himnos, coma esa Antinuclear, o ese magnÃfico peche de disco que é Propósito de enmenda, que deixa coas ganas de máis. Música feliz para tempos de crise, ou en palabras do propio Anxo "Un saÃr dos buratos máis profundos con confianza e ilusión. Un reforzo da auto estima. Un aprender a bailar deixando marchar a carraxe acumulada. Un mirar cara a cara ao mundo." Plan de urbanismo para un novo couto mixto foi gravado e producido por el mesmo no seu estudio en Poio e masterizado por VÃctor GarcÃa en Ultramarinos (Costa Brava, Barcelona) e pódese adquirir nalgúns puntos de venda fÃsica e en formato digifile ou dixital na súa páxina web.