O 25 de xullo de 1921 a bandeira galega ondeaba por vez primeira nun edificio institucional. O Pazo de MarÃa Pita, sede do Concello da Coruña, foi protagonista daquel momento histórico. A conmemorar o centenario daquela ocasión o goberno local desenvolveu a iniciativa 100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña, na que diferentes artistas visuais da cidade, a través da plataforma Coruña Gráfica, dan a coñecer estes feitos e amosan as súas interpretacións do noso pendón.
Manel Cráneo, coordinador de Coruña Gráfica e comisario deste proxecto, explica que a iniciativa xurdiu en diálogo con Rómulo Sanxurxo, anterior responsable de cultura municipal. "A pensar proxectos para desenvolver desde a plataforma, pensamos nesta efeméride como unha boa ocasión". Un proxecto ambicioso que tivo as súas complicacións. "Os prazos foron moi curtos, e ademais é traballar a nivel creativo sobre a bandeira é algo delicado e supón unha responsabilidade. É un sÃmbolo para todos, e segundo como se enfoque pódense ferir sensibilidades", explica. "A nosa intención no proxecto foi procurar unha linguaxe que amose a bandeira como unha icona que representa a toda a poboación galega, de calquera condición ou ideoloxÃa polÃtica".
Como se fixo a bandeira
No marco desta iniciativa lanzouse unha publicación na que se reúnen dúas bandas deseñadas coa bandeira como eixe. A primeira, con guión de Manuel López Poy e debuxo de Xosé Alfeirán, repasa o contexto no que se creou a actual bandeira galega cunha ficción arredor da emigración. O pavillón galego "desenvolveuse na diáspora cubana a partir da antiga bandeira do porto da Coruña, que tiña dúas aspas azuis cruzadas", lembra Cráneo. "Era a última imaxe que moitos emigrantes vÃan do seu paÃs. Atopamos documentos mesmo dos anos 60 nas que emigrantes retornados aÃnda ondean esta bandeira, foi algo que nos sorprendeu moito", sinala. "Tamén localizamos un gravado onde se ve o Centro Galego da Habana da década de 1890 con esta bandeira izada, aÃnda hai moito por onde investigar".
A historia do primeiro izado
Unha segunda historia, con guión do propio Cráneo e debuxos de Rubén Rial explica os acontecementos que permitiron que aquel DÃa da Patria de 1921 a bandeira do paÃs acabase ondeando sobre o pazo municipal. "A III Asemblea Nacionalista fixera unha solicitude aos principais concellos do paÃs para que puxesen a bandeira nesa ocasión". Hai que lembrar que a celebración do DÃa de Galicia nacera aÃnda no ano anterior. "Daquela volta, a resposta que obtivo o colectivo foi nula, agás na Coruña. Lois Peña Novo, que foi o primeiro concelleiro nacionalista do paÃs, levou esta idea a pleno, e aprobouse baixo o goberno do alcalde Antonio Lens Vieira", lembra este autor. "Outros concellos, como Vigo, tardarÃan aÃnda tres anos en se sumar a esta iniciativa e izar a bandeira" no 25 de xullo. Nas dúas historias aparecen presente a cuestión da emigración e o paralelismo entre a guerra da independencia de Cuba e a guerra colonial de Marrocos. Dáse a circunstancia que a semana do izado pioneiro na Coruña foi a mesma na que se produciu o desastre de Annual, no que perderon a vida máis de 11.000 militares baixo pavillón español.
As celebracións daquel 25 de xullo
Na elaboración destas ficcións con transfondo histórico "fixemos un intenso traballo de investigación co investigador local Xosé Alfeirán, e atopamos moitas cousas que non se coñecÃan", explica Manel Cráneo. A acta municipal que recolle o acordo sobre a bandeira ou artigos de prensa que explican as actividades con que se celebrou aquel 25 de xullo son algunhas das descubertas. "Veu Vicente Risco a dar unha conferencia sobre Santiago, leuse o poema O cabaleiro do Santo Grial de Ramón Cabanillas e textos de RosalÃa de Castro, houbo pasarrúas con bandas de gaitas durante toda a xornada e desenvolvéronse distintos actos no local das Irmandades", lembra o coordinador da iniciativa.
Visións sobre a bandeira
Canda ás bandas deseñadas, desenvolveuse unha exposición na propia sede do concello herculino que recolle as visións de dezaoito ilustradores e ilustradoras sobre este sÃmbolo galego. "Nunha primeira sección convidamos a diferentes artistas a reinterpretar a banda azul da bandeira a partir de temas especÃficos. Tentamos tocar diversos aspectos que nos definen como galegos. Deste xeito, Calros Silvar retratou a bandeira cunha morea de especies de flora e fauna de paÃs, Alberto Guitián tratou o deporte e fixo da banda o eixe dun boneco de futbolÃn, e asà todas as propostas". Outra sección da mostra procura "dar unha imaxe da pluralidade do pobo galego, e a partir da bandeira amósanse ilustracións sobre feminismo, cidadanÃa, a integración social e outros temas", explica o comisario. Nunha terceira sección, "propuxemos facer homenaxes a escenas icónicas na que se insire a bandeira galega, como pode ser a dos marines coa bandeira en Iwo Jima na segunda Guerra Mundial ou a chegada a Lúa".
O resultado desta iniciativa pode verse na sala de exposicións do Palacio Municipal ata este 25 de xullo e con posterioridade prevese que itinere por diferentes concellos do paÃs.