In the distance é o título da peza que lle valeu ao catalán Ramón Humet facerse co XIV Premio Gaos de Composición Musical. O xurado do galardón que convoca a Deputación da Coruña recoñeceu este traballo como o mellor dos vinte e un presentados ao concurso. No fallo valórase como "unha obra vivaz e enérxica que afonda con oficio, imaxinación e risco no tempo metronómico, as pulsacións internas e a modulación das súas velocidades, xerando texturas fluídas e cambiantes, plenas de virtuosismo rítmico, harmónico e orquestral".
A obra gañadora está composta por 9 pezas que, segundo o xurado "son pequenos estudios sobre un material moi concreto; é unha partitura moi profesional cunha escritura impecable" dun autor que "coñece perfectamente as posibilidades dos instrumentos e afonda sobre as posibilidades da velocidade e a pulsación, cun gran refinamento tímbrico á hora de crear combinacións instrumentais; traballa o material sonoro someténdoo incesantemente a continuas repeticións e transformacións, xerando momentos formais ricos de imprevisibilidade".
O gañador fora recoñecido anteriormente co XXIV Premio Internacional de Composición Reina Sofía en 2006 e viu as súas obras interpretadas nalgunhas da principais salas e festivais do mundo. O galardón reportaralle 6.500 euros en metálico ademais da estrea da obra.
O xurado, composto por Hugo Gómez-Chao Porta, Margarida Mariño Suárez, Álvaro Núñez Carbullanca e Gloria Rodríguez Gil, presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto e coa xefa da área, Mercedes Fernández Albalat como secretaria, fixo unha mención especial á calidade das obras Songs for Julia e Yabal-al-Tay.