A Coruña inicia os trámites para protexer e adquirir os posibles restos da sinagoga

Son dous inmobles dunha rúa da cidade vella

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O goberno local coruñés decretou a suspensión das licenzas dos edificios número 4 e 4a da rúa Sinagoga da cidade vella da Coruña, onde se pensa que estivo radicada o templo da pequena pero dinámica comunidade xudea ata a súa expulsión en 1492. O obxectivo da suspensión é a protección dos dous inmobles e de posibles restos arqueolóxicos no subsolo, así como da cisterna de sillería ubicada baixo o número 4, que algúns arqueólogos asocian a nivel hipotético cun baño ritual propio destes templos. O concello tamén autorizou o inicio dos trámites para adquisición das dúas propiedades.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña

Claves

Lugares