O restaurante '100 Montaditos' situado no número 56 da Rúa do Franco, alberga o que a día de hoxe é o último exemplo visible dos murais que o artista Urbano Lugrís realizou en diversos inmobles da capital galega. Dos que existían na cidade perdéronse os do Hotel Compostela, os do bar Lugo e foron separados da parede os da Clínica Álvarez que agora se encontran espallados en coleccións públicas e privadas. Este mural que aínda se pode ver, foi realizado para este inmoble cando era o Bar América, que foi inaugurado en 1954. A Xunta de Goberno local acordou a aprobación inicial da modificación puntual do Catálogo do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) co obxectivo de garantir a protección do mural. Coa modificación puntual do Catálogo do PE-1 o Concello pretende garantir, por razóns de interese público, a súa protección in situ.
A pintura de Urbano Lugrís está relacionada sempre con motivos mariñeiros, unha influencia que se deixa notar da súa Malpica natal. E este mural de Santiago non é unha excepción: praias desoladas, restos de naufraxios, serpes atacando veleiros, sereas aladas, gaivotas e faros compoñen as oito planchas que conforman o mural no establecemento santiagués. Este mural xa foi obxecto de unha rehabilitación en 2001 por parte dun dos anteriores hosteleiros que pasaron polo local. Son moitos os exemplos de frescos de Lugrís existentes en diferentes locais semellantes da xeografía galega, en moitos deles con serio risco de deterioro ou desaparición, mentres que noutros recibiron mesmo unha declaración como Bens de Interese Cultural.
O vixente Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) inclúe un Catálogo de protección, que identifica os inmobles que son obxecto de preservación, incorporando unha ficha de catalogación para cada edificio, na que se identifican os elementos catalogados. No caso do edificio que acolle o mural na rúa do Franco, ata o momento tiña asignado o nivel 4 (interese ambiental) pero non figuraba catalogado ningún elemento interior. Tras esta aprobación inicial, a modificación puntual do Catálogo do PE-1 someterase agora a un proceso de información pública durante o prazo de dous meses. En paralelo a este trámite o Concello tamén solicitará o informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. En todo caso, este acordo de aprobación inicial determina automaticamente a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de edificación, parcelación e derruba no ámbito do inmoble que poidan ser incompatibles ou contrarias ás novas determinacións da modificación inicialmente aprobada.