Catro cineastas para revelar o capital simbólico e inmaterial de Galicia

O proxecto 'Visións inéditas' da Fundación DIDAC estrea hoxe os seus pases

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualSociedade
Compartir:
Catro cineastas para revelar o capital simbólico e inmaterial de Galicia

A Fundación DIDAC estrea hoxe na súa sede en Santiago, 'Visións inéditas', un proxecto multimedia comisariado por Performa S.Coop. Galega realizado a partir de catro pezas, conformadas a modo de capítulos, que compoñen un documental a través do cal asomarse a algunhas das persoas, lugares e experiencias que axudan a definir e revalorizar o patrimonio natural e cultural galego. As pezas, ideadas especificamente para o proxecto, contan coa dirección artística de Jaione Camborda, Xisela Franco, Lois Patiño e Alfonso Zarauza, figuras recoñecidas do audiovisual galego contemporáneo.

Segundo explica a Fundación DIDAC, con cadansúa mirada propia estes directores aproximáronse a personalidades crave para nosa cultura a través dun retrato audiovisual expandido que transcende o concepto de entrevista ao uso para establecer un diálogo interdisciplinar que se enriquece nas sinerxías. Campos como a danza, a pintura, o pensamento, o cinema ou a interpretación son abordados, compondo un acervo que pretende revelar o capital simbólico e inmaterial de Galicia. Cada capítulo indaga nas raíces culturais das distintas comunidades que atravesan o camiño configurando un intercambio de coñecementos e experiencias. O primeiro dos pases programados deste proxecto terá lugar hoxe ás 18:00 horas, posteriormente seguirán outros ata o peche do proxecto o vindeiro 5 de setembro. A entrada é libre ata completar aforo.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación DIDAC, Cine, Xisela Franco, Jaione Camborda...