romanarmy fai balance de cinco anos de investigación sobre a conquista romana do noroeste

Celebra un encontro monográfico no CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Foto: romanarmy.eu

Foto: romanarmy.eu

romanarmy.eu constituiuse en 2016 como un "colectivo de investigadores interesados na arqueoloxía do conflito e no estudo do proceso de conquista do Noroeste ibérico por parte de Roma". Nestes cinco anos, o colectivo avanzou moito no seu obxectivo, notificando máis de cen novos xacementos e excavando varios deles. Nesta xornada, que se celebrará esta tarde do martes 29 de xuño no Consello da Cultura Galega, o colectivo realizará balance do traballo realizado e identificará desafíos para o futuro. José Manuel Costa-García explicará os resultados obtidos desde o punto de vista da arqueoloxía militar romana. David González Álvarez explicará a axenda de traballo en relación a identificar as actitudes indíxenas fronte ao expansionismo romano no noroeste ibérico. E Manuel Gago Mariño centrarase no papel que xoga en romanarmy a divulgación, o impacto do traballo do colectivo nos medios e nas redes e a innovación en formatos de comunicación científica. A xornada xa ten completo o seu aforo pero pode ser seguida en directo desde o web do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roma, Arqueoloxía, Consello da Cultura Galega, Manuel Gago

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares