Ante as reclamacións feitas esta semana por dúas asociacións do sector cultural - Músicas ao Vivo (MAV) e Asociación de Gaiteiros galegos (AGG)- que se fixeron eco dun comunicado do Comité da empresa protestando contra o "desmantelamento do Departamento de Produción Propia da Radio Galega (Estudio 5)" a dirección da CRTVG ven de comunicar a este medio a súa intención de garantir o servizo a través dun proceso de concurso público e a súa adxudicación a terceiras partes. Desde a CRTVG argumentan esta decisión no feito da vindeira xubilación en xullo de Pablo Barreiro, técnico do Arquivo Sonoro coordinador destas gravacións. Segundo a empresa "só Pablo Barreiro ten a formación para a gravación das grandes e medianas orquestras". O prego e a memoria técnica para este concurso están actualmente en fase final de redacción e esta aposta abranguerá tamén a explotación dixital do material gravado.
No relativo ás instalacións fÃsicas deste servizo, desde a CRTVG afirman que están a acometer obras de reforma no Estudio 5 para a súa modernización e dixitalización. Posteriormente este espazo será empregado, segundo eles, "para afondar no desenvolvemento dixital da radio pública a través da posta en marcha dun estudio multimedia que permita a distribución do sinal radiofónico polos novos medios dixitais, plataformas e redes sociais e mesmo a Televisión de Galicia". Este estudio, afirma a CRTVG, contará como até de agora cun espazo habilitado para actuación musicais en directo ou gravadas.