Zas suspende por segundo ano a súa Festa da Carballeira

O veterano festival folk foi declarado Festa de Interese Turístico Galego en 2020

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Escenario na Festa da Carballeira de Zas. Fonte: Facebook do festival.

Escenario na Festa da Carballeira de Zas. Fonte: Facebook do festival.

Tampouco en 2021 haberá Festa da Carballeira de Zas. A 38 edición do festival folk, que xa non se puido celebrar en 2020, foi suspendida pola organización do evento. Segundo sinala nun comunicado a Asociación Cultural Castro-Meda "a situación sanitaria actual segue sen permitirnos garantir a seguridade de todas as persoas participantes no festival". A entidade chama ao público a asistir ao evento en 2022, previsto para os días 5 e 6 de agosto. Dáse a circunstancia de que o festival foi declarado Festa de Interese Turístico Galego en febreiro de 2020, sen que desde aquela se puidese celebrar por mor da situación sanitaria.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk

Claves

Conceptos