Ortigueira comeza o seu macro-evento musical agardando máis dun cento de milleiros de asistentes

As cifras de Ortigueira 2007

5/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A partir de hoxe agárdanse en Ortigueira a máis de 100.000 persoas, segundo as cifras estimadas pola organización da vixésimo novena edición do Festival de Ortigueira. A presente edición deste evento que cada ano acada o primeiro posto na lista de citas musicais con máis afluencia de público comeza hoxe cun cartel no que hai sitio para as novas promesas do folk galego e para artistas consagrados tanto do país como internacionais durante os vindeiros catro días. A organización habilitou un espazo na praia de Morouzos para o campamento pudendo acoller máis de 10.000 tendas de campaña. O festival está declarada Festa de Interese Turístico Internacional e conta cun orzamento de 670.000 euros.

Máis información en Festival de Ortigueira

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ortigueira, Festival de Ortigueira, Folk

Claves

Conceptos
Lugares