Alejandra Pombo Su faise coa I Residencia Artística da Fundación María José Jove

O seu proxecto Un solo animal foi seleccionado entre dúascentas propostas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Alejandra Pombo Su. Fonte: Fundación María José Jove.

Alejandra Pombo Su. Fonte: Fundación María José Jove.

O Programa de Residencias artísticas que convoca a Fundación María José Jove, en colaboración con Normal, o espazo de intervención Cultural da Universidade da Coruña, ten xa gañadora na súa primeira edición. A creadora compostelá Alejandra Pombo Su foi a seleccionada para este programa entre as duascentas propostas presentadas. A artista contará cun fondo de 6.000 euros para desenvolver seu proxecto Un solo animal. No mesmo "abre unha canle para a análise das relacións humanas co contorno natural, que son abordadas aquí desde o acto comunicativo entre especias e a alteraridade", segundo explica a Fundación.

Pombo disporá de entre un e tres meses para desenvolver o seu proxecto nun espazo de traballo individual en Normal, e contará con acompañamento curatorial, recursos materiais e económicos e aloxamento na residencia universitaria Rialta.

A Comisión de Avaliación estivo formadas por Ángel Calvo, crítico de arte e comisario; Leticia Eirín, Adxunta de Cultura da Universidade da Coruña; Sonia Fernández Pan, comisaria e escritora e mais Susana González, comisaria e directora da Colección de Arte FMJJ. O seu fallo sinala que o proxecto da artista "formúlase desde a busca, no medio natural galego, dun espazo de traballo desde o cal continuar con este proceso de experimentación audiovisual que Pombo Su comezou en 2016".

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade da Coruña

Claves