O Premio Losada Diéguez de creación literaria recoñeceu a Eva Veiga e a Baldo Ramos

Xosé Miguel Andrade e Anselmo López Carreira levaron o galardón na modalidade de ensaio

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaEnsaio
Compartir:

Os concellos do Carballiño e Boborás entregaron este sábado 12 de xuño os galardóns do XXXVI Premio Literario Antón Losada Diéguez, que convocan en colaboración coa Deputación de Ourense. Desta volta, foi recoñecido co premio de creación literaria Quérote Canto, obra escrita a catro mans por Eva Veiga e Baldo Ramos durante un retiro no mosteiro de Oseira. O xurado destacou do traballo a "singularidade escollida polos autores na metodoloxía que se traduce nunha resonancia creativa. Unha obra singular, que nace da unión de dúas das grandes voces da poesía galega, fundidas nesta alfaia das letras".

En canto ao apartado de ensaio, foron Xosé Miguel Andrade e Anselmo López Carreira quen recolleron o galardón polo seu traballo O reino medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria. O xurado recoñeceu a "rigorosidade e carácter divulgativo" dunha obra que "rescata do esquecemento" este período histórico.

Cada unha das duplas gañadoras recibiu un premio en metálico de 6.000 euros. O premios Losada Diéguez recoñecen cada ano as mellores obras publicadas nas taegorías de creación literaria e de ensaio.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eva Veiga, Baldo Ramos, Ensaio, Xosé Miguel Andrade...