Eloi Caldeiro presenta o seu disco de homenaxe a Xela Arias

O equilibrio dos tigres leva aos sons do rock dez poemas da autora

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Eloi Caldeiro presenta o seu disco de homenaxe a Xela Arias

Dez poemas tirados dos poemarios Denuncia do equilibrio e Tigres coma cabalos compoñen a homenaxe que Eloi Caldeiro lle presta a Xela Arias. O músico de sarria acaba de lanzar no selo Sons Galiza e no marco da colección "O son da palabra" o álbum O equilibrio dos tigres. O músico apostou por rock e pop con sonoridades dos anos oitenta ou polo blues para adaptar os versos da autora celebrada no Día das Letras Galegas. O proxecto, que conta co apoio do Concello de Sarria e da Consellería de Cultura, conta cunha tiraxe de 1.500 exemplares que saen á venda en formato libro-CD. Caldeiro realizou a adaptación e gravacion dos temas en apenas dous meses.

Que che parece esta nova?
108 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Diálogos na corda dos poemas

Diálogos na corda dos poemas

Doce voces da poesía nova establecen unha conversación con Xela Arias no proxecto 'O equilibrio dos extremos'

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Rock, Pop, Blues...