
Deste xeito, convocan a celebrar a festa cun "chamamento a que compoñades os vosos maios e/ou as vosas coplas, enchendo as redes de primavera e cultura". O material publicado co cancelo #CantádemeunMaio compartirase nos espazos en Internet desta iniciativa. Ademais reclámase levar os maios ás rúas. "Propoñemos que escollades unha praza aberta ou un espazo amplo que non obstaculice nin o paso de persoas nin o tráfico rodado, por un espazo de tempo limitado e sempre coidando de cumprir estritamente coas normas sanitarias. Ademais, e para evitar riscos innecesarios, velando sempre que non haxa máis dun maio en cada praza" o dÃa 2 de maio. Con este fin, o web da proposta achega recortables para imprimir e elaborar maios na casa e mesmo planos para facer un maio tradicional.
En Pontevedra pola súa banda, substitúen a tradicional concentración de maios cunha exposición de 44 fotografÃas sobre esta festa en diferentes escaparates da cidade, asà como unha demostración sobre como se constrúen estas estruturas. De xeito similar, tamén en Lourenzá haberá unha mostra fotográfica e unha exhibición estática substituirá o habitual desfile desta data. En VerÃn, pola súa banda, dez colectivos desenvolverán as súas coplas por Internet no marco desta festa,