Os Maios virtualízanse para superar pandemia

Figuras con material reciclado, coplas en liña e certames levan a festa ás redes

As limitacións ás saídas da casa están a levar que a innovación se aplique á construcións dos maios. A falta de acceso aos habituais materiais vexetais, varias destas propostas animan a facer no fogar os maios con material reciclado ou co que se teña a man. Deste xeito, en Narón, da man do Padroado de Cultura e da asociación en colaboración coa Sociedade Cultural Areosa convocan a iniciativa "En Narón, os Maios ao balcón". Na mesma convídase á veciñanza a elaborar o seu propio maio na casa, sacalo ao balcón e gravar un pequeno vídeo do mesmo, co que se poderá participar nun sorteo. De xeito similar, Pontedeume convida a facer na casa unha desta figuras e publicala nas redes.

Tamén en Redondela se chama á innovación formal a representación dos maios, e da man do colectivo Sinha Paca chaman a celebrar os Maios Confinados a facer na casa "maquetas, miniaturas ou o que se poida" con "calquera tipo de materiais e de calquera tamaño". Ademais convocan un concurso en colaboración co Concello no que canda á figura se recoñecerán as mellores coplas e se poden enviar tamén vídeos coa interpretación das mesmas. O un de maio darase a coñecer o resultado do certame, que conseguiu reunir unha trintena de participantes.

En Vilagarcía tamén chaman a participar nos maios, a animar a veciñanza de menos de 14 anos a representar un por calquera técnica, sexa debuxo, colaxe ou facendo un con material de refugallo. Ás persoas de máis idade convídaselles a elaborar as coplas, e cada participante recibirá unha rosca de agasallo. De xeito similar, en Marín o Ateneo Santa Cecilia leva ás redes a LXVII edición do seu tradicional certame de maios e embarcacións, a convidar ás crianzas a enviar debuxos destes elementos e ás persoas de máis idade a facer as correspondentes coplas.

"Cantádeme un maio" é o nome da iniciativa que puxeron en marcha diferentes colectivos que participan desta festa en Ourense. O proxecto chama de novo a elaborar maios co material que haxa na casa e coplas para os acompañar. O web da proposta publicará o material recibido, ademais de achegar axudas á composición de coplas e falar sobre a festividade. Hai tamén un certame aberto con premios simbólicos aos proxectos participantes.

Para axudar coas coplas, tamén a Youtubeira "Nubes baixo ti" elaborou na súa canle un titorial sobre como elaborar estas composicións tradicionais.

En Poio, pola súa banda, artellaron unha festa dos maios virtual que conta coa colaboración de sete colectivos que habitualmente fan parte desta celebración. O Concello anuncia que ao longo destes días irá publicando na rede contidos vencellados á festa. E desde Mugardos a asociación Apelón Educación está a compilar na iniciativa "Maio, sempre maio" todo tipo de contidos arredor desta festividade. Así, chama a veciñanza a enviar "fotos e videos do teu maio e doutros maios, recordos de tradicións, coplas e cantigas antigas, coplas e cantigas feitas por ti, historias de maios anteriores" que se publican nas redes sociais deste colectivo.

Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega estreará este 1 de maio no seu web e redes sociais unha versión do poema O maio de Manuel Curros Enríquez, intepretado por novos músicos galegos.