Los días de plomo é o título do oitavo disco de Silvia Penide, unha das cantautoras con máis presenza e percorrido da escena galega que gañou en 2020, por segunda vez, o Premio Martín Codax da Música na categoría de Mellor Canción de Autor. Neste disco, vencellado xa desde o título e a portada coa circunstancia pandémica, a autora ofrece seis temas, cinco deles novas composicións con letras que nos recordan o que estamos a vivir e que tamén miran cara o futuro, ás que engade unha nova versión do tema que dá nome ao seu anterior traballo, El efecto boomerang, e que nesta ocasión conta coa colaboración na voz de Víctor Manuel, un soño cumprido para a cantautora coruñesa.
En Los días de plomo (El Niño de la Hipoteca Records) ademais inclúense dous temas en galego, Porta pechada e Porta aberta, musicados ao piano sobre poemas da propia Penide con composicións orixinais de Carla López, pianista da banda de Penide. Os arranxos de guitarra son outro dos puntos fortes do disco e deles encargouse o guitarrista e compositor Paul Álvarez. O disco gravouse en Drum&Roll Studios da Coruña, e mesturouse en Madrid por David San José (que tamén achegou baixos e órgano Hammond) coa masterización de José María Rosillo. O disco xa foi presentado en concerto o vindeiro 17 de abril no teatro Colón e a artista anuncia outros concertos vindeiros para facelos públicos en breve.