Unha pequena parte do legado literario de Manuel Rivas xa fica custodiado na Caixa das Letras do Instituto Cervantes de Madrid. Alà deixou o manuscrito dunha das súas novelas máis queridas, En salvaxe compaña, canda edicións en varios idiomas de O lapis do carpinteiroe e o poemario Mohicania. Rivas formou parte do grupo de seis escritores e tres editores que deixaron materiais na antiga cámara acorazada do Banco de España, onde hoxe se atopa o Instituto Cervantes en Madrid. Canda el, depositaron materiais escritores en euskera e catalán, como Bernardo Atxaga, Carme Riera, ademais de Luis Alberto de Cuencia, Cristina Fernández Cubas e Antonio Muñoz Molina.