
Para alén dos apuntamentos biográficos, o proxecto inclúe unha lista de reprodución de temas que marcaron a Arias e mais unha selección de fotografÃas da época. Compostela acolle o vindeiro 22 de abril a presentación da obra na terraza do bar A Gamela a partir das 18 horas.
Pola súa banda a editorial Polo Correo do Vento lanza no marco da súa colección "Mulleres galegas". Orientada a público infantil e xuvenil, este volume ilustrado por Tania Solla fai un repaso accesible pola biografÃa da autora e será a base para unha serie de contacontos ilustrados que a editora vai desenvolver en diferentes centros de ensino.