A RAG actualiza o seu dicionario na rede con novas funcionalidades

Permite procuras avanzadas e dá conta das novidades que vai tendo a ferramenta

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A RAG actualiza o seu dicionario na rede con novas funcionalidades

A versión web do Dicionario da Real Academia Galega acaba de recibir unha importante actualización que engade funcionalidades a esta ferramenta. A obra inclúe agora a posibilidade de desenvolver procuras restrinxidas aos exemplos que fornece a obra ou na fraseoloxía incluída na mesma, entre outras opcións. Do mesmo xeito, facilita a busca de palabras no marco de determinadas materias, como a xeoloxía, os deportes, a historia ou a antigüidade clásica, entre moitas outras, e mesmo procurar por categorías de palabras como adverbios, adxectivos ou verbos.

Outra novidade é que o propio web informa sobre as incorporacións que se van facendo ao dicionario, sexan mudanzas na redacción, novas de palabras ou exemplos. Finalmente, a Academia achega a posibilidade de incorporar o dicionario en calquera páxina web.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Real Academia Galega, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)