Neiti Aika e A miña Terra son os vencedores da 16 MICE

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico fechou as portas este dez de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Momento da 16 edición do MICE. Fonte: Organización.

Momento da 16 edición do MICE. Fonte: Organización.

O filme Neiti Aika, da realizadora finlandesa Elina Talvensaari, foi seleccionada como vencedora do premio ao Mellor Filme da 16 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. O xurado do certame, que fechaba as súas portas este sábado 10 de abril, recoñeceu a obra "pola súa proposta de historia de vida dunha persoa que xa non está, realizada desde á recuperación da cultura material, cun traballo de investigación minucioso e cun ollar persoal e poético sobre o tempo e a memoria tocando diferentes esferas da condición humana". A peza A miña Terra e Santiago D. Risco, foi seleccionada como Mellor Filme Galego "pola abordaxe sobria dun tema complexo e a reflexión sobre o territorio, a herdanza e a familia a través dun bo exercicio de observación con elementos poéticos".

O Premio AGANTRO, que organiza a Asociación Galega de Antropoloxía, foi para Como el viento, de Raquel Ruiz "por retratar con profundidade, rigor e sensibilidade etnográfica as dinámicas cotiás dunha comunidade xitana en Arxentina". Pola súa parte, o xurado da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) outorgou este primeiro Premio CREA da MICE ao filme A poeta analfabeta de Sonia Méndez, que aborda a vida da compostelá Luz Fandiño. O Premio do Público recaeu no documental de Manuel Pedrosa Entre Pastores e Lobos, rodado do Macizo Central Ourensán.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito