A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico recoñece o filme belga L'eau sacrée

O documental Esquece Monelos levou os premios á mellor película galega

5/6/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Museo do Pobo Galego acolleu este sábado a entrega dos premios da XII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. Nesta xeira, as preferencias do público e mais as do xurado coincidiron plenamente. Deste xeito, o filme L'eau Sacrée do director belga Olivier Jourdain levou o galardón popular e mais o do xurado ao mellor filme do evento. Pola súa banda, os premios á mellor película galega nas dúas categorías foron para o documental Esquece Monelos, dirixido por Ángeles Huerta.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Documental, Museo do Pobo Galego

Claves

Conceptos