Vandalizan con pintadas o dolmen de Pedra Cuberta

Dúas figuras feitas con xiz apareceron esta fin de semana no interior do monumento vimianzés

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Unha das figuras aparecidas no dolmen. Fonte: Concello de Vimianzo.

Unha das figuras aparecidas no dolmen. Fonte: Concello de Vimianzo.

Unha figura humana e outra dun gato feitas con xiz compoñen o ataque vandálico que sufriu o dolmen de Pedra Cuberta, en Vimianzo. As pintadas descubríronse este domingo 4 de abril e o Concello anunciou que desenvolverá unha investigación sobre o ataque. Malia ao aparente baixo impacto do material empregado, témese que o mesmo poida ter afectado ás pinturas murais que o dolmen conserva no seu anterior. A corporación municipal ademais adiantou que ordenou "un estudo técnico sobre a afectación das pintadas neste ben patrimonial, así como o procedemento a iniciar para a súa eliminación".

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vimianzo

Claves

Lugares