
Ata en 24 salas de todo o Estado estrearase hoxe comercialmente Olvido y León, a pelÃcula dirixida por Xabier Bermúdez como secuela da anterior León y Olvido (Xabier Bermúdez, 2004). Repiten na historia as mesmas personaxes, de novo interpretadas por Marta Larralde e o falecido Guillem Jiménez e engádese tamén Monti Castiñeiras. Esta historia inaugurou a pasada edición do OUFF xa que foi gravada en terras ourensás. A acción transcorre quince anos tras da primeira, en Olvido y León coñecemos a evolución da vida destes dous irmáns e onde están na actualidade. A sinopse oficial da pelÃcula conta que "Despois de quince anos, Olvido aceptou que o seu mal non é o seu irmán xemelgo, León, que ten a sÃndrome Down. PoderÃa abandonalo pero aceptou que o seu mal son poderes que non coñece e non identifica ben, pero que sente que hai. Poderes que tecen como unha araña un cárcere de insatisfacción social e persoal". Oito cines galegos de sete localidades acollen desde hoxe en estrea a pelÃcula: Cantones e Yelmo Los Rosales (A Coruña); Multicines Bergantiños (Carballo); Odeón Multicines (Narón); Ponte Vella (Ourense); Yelmo (Vigo); Cinexpo (Pontevedra); Multicines Gran Arousa (VilagarcÃa).