A Fundación María José Jove crea o seu espazo virtual

O museo albergará versións dixitais das súas coleccións

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Fundación María José Jove estreou unha sede virtual. Cun deseño arquitectónico de Creus e Carrasco, o museo ocupa unha superficie 'virtual' de 3.000 metros cadrados e presenta unha sucesión de salas nas que se albergarán as exposicións temporais e outras actividades da entidade. Para acceder a ela é preciso descargar o software na ligazón do museo virtual que se presenta nesta noticia (a flecha que está indicada sobre o icono da man), descomprimilo e executar o programa. O museo iníciase coa expo "Camiño negro" de Damián Ucieda, que comisaria Juan Nievas, e que explora a relación entre rural e urbano na periferia coruñesa. Seguirán as mostras "Ribeira Sacra. Morfoloxía da Paisaxe" de Irene Kopelman, "Corpos presentes", sobre as coleccións da propia fundación e outra inspirada nos bailes tradicionales galegos realizada por Katrin Niedermeier.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Exposicións, Ribeira Sacra

Claves

Lugares