A escritora e mestra ceense Concha Blanco (Lires, 1950) será a vindeira homenaxeada coma "Escritora na súa Terra – Letra E" pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Asà o decidiu esta asociación na súa asemblea celebrada o pasado sábado. Blanco, será a vixésimo sétima persoa que reciba esta distinción pola asociación, nunha homenaxe que terá lugar en xuño e que ademais estará apoiada desde o Concello de Cee, que xa acordou por unanimidade poñer o seu nome a un espazo público na vila. Concha Blanco, mestra xa xubilada actuou como embaixadora das letras de la Costa da Morte, participa como patroa na Fundación Pondal. Participou da redacción denumerosos libros de texto e ten abondosa obra literaria do xénero infantil e xuvenil pola que ten recibido varios premios.
Na asemblea, a presidencia da AELG informou dos traballos de elaboración dun documental no que se repasa a historia da entidade, que no ano 2020 fixo 40 anos de existencia. Asemade A AELG aprobou na súa xuntanza o programa de actividades para o ano, que inclúe actividades de traxectoria xa asentada como son os paseos literarios ou os obradoiros da Escola de Escritoras e Escritores da AELG; tamén a organización ou coorganización de xornadas de formación dirixidas ao estudo das diferentes formas de crear literatura contemporánea desde os espazos de formación de novos formadores-as/educadores-as/mediadores-as da lectura. Tamén se reforza o proxecto coordinado pola Sección de Literatura Oral coa celebración dunha nova Gala dos Premios Mestres e Mestras da Memoria e a través da celebración de máis polafÃas e, no outono, dunha nova edición, a décimo cuarta, da Xornada de Literatura de Tradición Oral.