O documental 'De letras e galegas' ou como é ser escritora galega no século XXI

Diego Giráldez conversa con Arantza Portabales, Ledicia Costas, María Solar e Inma López Silva neste proxecto audiovisual

Diego Giráldez conversa con Arantza Portabales, Ledicia Costas, María Solar e Inma López Silva neste proxecto audiovisual
Fotograma de De letras e galegas. Entrevista a María Solar
Catro conversas con escritoras compoñen o proxecto De letras e galegas do escritor Diego Giráldez. Arantza Portabales, Ledicia Costas, María Solar e Inma López Silva encarnan neste proxecto a escrita feminina do século XXI en Galicia e con elas falas Giráldez nas súas propias casas. Estas catro entrevistas de vinte minutos cada unha quedaron gravadas en formato audiovisual e forman parte dos produtos culturais mercados pola administración ao abeiro da primeira convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21, polo que xa están postas a disposición pública no portal da lingua galega coa plataforma YouTube, en dous formatos, por separdo cada unha delas ou nunha peza continua de 78 minutos. Nestas conversas de Giráldez coas catro autoras podemos achegarnos máis ás súas personalidades, os seus estilos, o seu proceso creativo e as súas influencias. Antón Veiga dirixe o documental con fotografía de Mateo Hernández e edición de Mon Moares.