Por segunda vez este ano o festival de cultura urbana O Marisquiño confirma a súa celebración este verán en Vigo. Polo medio entrambas veces o anuncio foi o contrario, nin se Ãa celebrar este ano nin serÃa xa Vigo nin talvez Galicia, a súa localización en adiante. Pero ese anterior anuncio fixo o seu efecto nos despachos da administración onde caeu como unha bomba ver como algo real esa despedida e algo comezou a moverse para mudar esa decisión ata o punto de que hoxe mesmo Factor Ulises, a empresa organizadora, fixo pública esa continuidade por medio dun comunicado na súa páxina web.
Segundo Factor Ulises a nova decisión tómase tras manter nos últimos dÃas reunións coas institucións patrocinadoras do evento e poder resolver os problemas de financiamento e técnicos que levara anteriormente a cancelar e afastar o evento de Vigo. Cabe lembrar que desde O Marisquiño sinalaba aquela decisión a incerteza sobre o apoio financeiro por parte da Xunta, unida ao recorte dun 70% da partida que o Concello de Vigo, dedicaba ao evento. Agora, baseándose en acordos verbais alcanzados, pendentes de redacción contractual con Concello de Vigo, Xunta de Galicia e Autoridade Portuaria de Vigo, a empresa considera posible garantir a viabilidade económica e técnica do festival para a edición de 2021.
Procura de continuidade dos apoios
Ademais, segundo o comunicado da organización, as tres instituciónes están comprometidas a chegar a acordos a longo prazo para permitir que o evento non marche de Vigo en próximas edicións. Esta garantÃa de continuidade é algo necesario para Factor Ulises que considera que, dada a consolidación deste evento de trascendencia internacional con 19 edicións, serÃa inxusto seguir negociando os apoios institucionais ano a ano para o festival, "cando o retorno económico e de imaxe que chega a Vigo e Galicia están máis que demostrados". Na comunicación a organización fai notar que O Marisquiño "non negocia con polÃticos senon con institucións e ninguén debe de intentar erixirse en dono do mesmo", din e remarcan por se houber dúbida que "ningunha institución salvou ao Marisquiño". Na mesma comunicación anuncian xa a confimación da celebración de parte das probas de deportes urbáns pero tamén lembran que a cancelación previa "ten consecuencias para o programa do festival". Ao peche destas liñas apúntase que será en agosto cando teña lugar en Vigo esta XXª edición.