A celebración do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán vai ser a grande aposta cultural do Concello da Coruña para 2021. A alcaldesa Inés Rey presentaba este 22 de febreiro o programa do que cualifica como "talvez o acontecemento cultural máis importante do ano". Máis de 40 actos celebrarán, a partir deste 8 de marzo, "unha desas mulleres que converteron A Coruña na cidade ilustrada e aberta que é". A programación artellarase arredor dos eixes do traballo literario, o feminismo e mais o vencello con Galicia e, en particular coa Coruña, desta autora. A programación concentrará en maio, mes da morte, e en setembro, momento do nacemento, as principais conmemoracións.
A longo de todo o ano, o ciclo Conversas na Casa-Museo Pardo Bazán reunirá referentes en distintos ámbitos a debater sobre a homenaxeada e a realidade actual das mulleres. A propia Inés Rey, Marilar Aleixandre, Susana Seivane, MarÃa Xosé Porteiro, Imelda Capote, Rosa MartÃnez, MarÃa de la Cámara ou Soledad Penalta farán parte destes faladoiros. Un documental e unha obra de danza sobre a figura de Amparo, a cigarreira que protagoniza a obra La Tribuna, paseos literarios ou xornadas gastronómicas fan tamén parte da proposta.
Para setembro están previstos dous Congresos literarios organizados pola Real Academia Galega e a Universidade da Coruña arredor da autora. Ademais, inauguraranse dúas exposicións no Kiosko Alfonso e no Pazo de MarÃa Pita e representaranse versións escénicas de Los Pazos de Ulloa e A Tribuna ademais da montaxe Mi Miquiño del Alma.