Néboa afonda na fusión con A realidade enganosa

O primeiro álbum do quinteto de Catoira chega en formato vinilo

22/2/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: música
25 lecturas | Compartido 0 veces

Logo de o presentar en BandCamp, está a saír do prelo este mes de febreiro a edición en vinilo de A realidade enganosa, primeiro álbum dos catoirenses Néboa. O quinteto formado por Aloia López Ferro, Jacobo García Lafuente, Tomás Porteiro Abuín, Sandra Pérez Míguez e Lucas M. Suárez de Centi afonda na aposta por unha fusión sen límites logo de varios EPs e singles. Indietrónica, música tradicional galega, poesía elíptica, jazz de vodevil, pop alternativo, canción de autor e pop internacionalista son influencias que a banda reivindica na presentación do seu traballo, que conta con dez temas cos que "compoñen un cadro de puro minimalismo pop, con trazas que nos levan ata o pop alternativo máis experimental e sons que repiquetean no máis fondo da canción de autor tradicional".

Brais Ruibal, Hevi e Lucas de Centi correron coa produción duns temas que se gravaron entre o Náutico de San Vicente, o Laboratorio Soyz de Trazo e a propia casa de Ruibal. O álbum sae baixo o selo de Raso.


Do mesmo ámbito

16/03/2016

Zoar debuta con No vento

O quinteto explora compositores galegos de todas as épocas no seu primeiro traballo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Catoira, EPs, Jazz...

Claves

Conceptos
Lugares