O Festival Carballo Interplay pasa tamén á axenda de setembro

Ven de publicar no BOP as bases da competición de series e do premio a proxectos de serie en galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O Festival Carballo Interplay pasa tamén á axenda de setembro

O festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay seguirá o mesmo camino que outros eventos audiovisuais coma Play-Doc e o Festival de Cans e fará a súa edición deste ano no mes de setembro. O evento organizado polo Concello de Carballo desbotou facer a súa oitava edición nas que, ata o pasado 2020, eran as súas datas habituais na primavera e moveuse para setembro, algo máis adiantado que no 2020 cando tras verese adiado polo confinamento, celebrouse xa en novembro, no outono , e de xeito completamente virtual. A nova edición fo festival ven de facer públicas, a través do Boletín Oficial da oprovincia da Coruña, as bases da competición de series e do Premio a proxecto de serie en galego para este ano. Queda por ver se o desenvolvemento será completamente virtual ou ofrecerá un modelo híbrido que inclúa actividades presenciais, como xa se chegou a propor o pasado ano.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Interplay, Play-Doc, Concello de Carballo, Festival de Cans