O ciclo Poetas Di(n)versos continúa en liña súa actividade

Retransmite pola rede o recital de Rodolfo Häsler e Xesús Rábade Paredes este 8 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
O ciclo Poetas Di(n)versos continúa en liña súa actividade

Malia ao feche dos espazos culturais que decretou o Goberno Galego pola pandemia de Covid-19, o ciclo Poetas Di(n)versos continúa a súa actividade. Sen posibilidade de se desenvolver de xeito presencial, o programa mantén na rede a cita prevista para este luns 8 de febreiro. A partir das 20 horas, a canle de Youtube desta iniciativa acollerá o recital de Rodolfo Häsler e Xesús Rábade Paredes. No mesmo espazo virtual pódense atopar os anteriores encontros desta edición, o de Roger Wolf e Carlos Santiago, que se desenvolveu en xaneiro, e mais os de Míriam Ferradáns e Xuan Bello (decembro) e Ángelo Néstore e Ismael Ramos (novembro). O ciclo fechará a súa programación deste trimestre co recital de María do Rosário Pedreira e Xabier Rodríguez Baixeras previsto para o 22 de marzo vindeiro.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Rábade Paredes, Ismael Ramos, Carlos Santiago, Covid...