Galicia a través dos ollos dun alemán

17 fotografías para explorar a colección Otto Wunderlich

3/2/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: historiapatrimonio
82 lecturas | Compartido 0 veces

Arcos góticos na finca de Besada (Poio). Anterior a 1936. Arquivo Wunderlich. IPCE, Ministerio de Cultura y Deporte

Entre 1929 e 1936, o fotógrafo aleman Otto Wunderlich visitou Galicia coa finalidade de retratar as paisaxes e monumentos do país. Agora, a fototeca do Instituto do Patrimonio Cultural de España renovou o seu buscador, facilitando a consulta dos seus fondos gráficos e facilitando a visualización das fotografías. O IPCE conserva 452 rexistros fotográficos realizados por Wunderlich en Galicia. O seu traballo focalizouse sobre todo nas Rías Baixas (Pontevedra, Vigo e proximidades), así como en Santiago de Compostela, con pequenas incursións ao interior, coma o Ribeiro. Presentamos unha escolma de dezasete fotografías que son un excelente punto de partida para explorar estas coleccións, e para comprobar o impacto do paso do tempo nas paisaxes e nos monumentos galegos.

Claustro de Santa María de Sar.


Redondela. Carro de bois


Pontevedra


Combarro


Pazo do Rial. Vilagarcía de Arousa.


Cangas


Aldán


Bueu


Marín


Redondela


Vigo


Claustro do mosteiro de Oia


Tui


Arcos na finca de Besada


Igrexa con acceso por escalinata.


Leiro
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego