RAG e PuntoGal convocan un novo certame de microrrelatos

Pódense remitir durante todo o mes de febreiro

29/1/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: lingualiteratura
23 lecturas | Compartido 0 veces
A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal abriron o prazo para a nova edición do certame de microrrelatos que no ano pasado, durante o confinamento, recibiu mil seiscentas historias candidatas. Ofrécense nove premios divididos en tres categorías: ata 11 anos, para mozos entre 12 e 17 anos e outra de adultos. O prazo para concursar permanecerá aberto do 1 ao 28 de febreiro de 2021. Os gañadores recibirán diferentes premios tecnolóxicos ou vinculados á lectura. As historias premiadas serán publicadas nas páxinas das dúas entidades organizadoras e na edición en papel da revista Luzes.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas