O Concello do Corgo elabora un inventario pioneiro do seu patrimonio inmaterial

O proxecto Corgoral contará cos centros de ensino para compilar estes coñecementos

28/1/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonioeducación
34 lecturas | Compartido 0 veces
O antropólogo Lois Ladra será o responsable, a partir deste mes de xaneiro, de iniciar o proxecto Corgoral, co que o Concello do Corgo quere coñecer o seu patrimonio inmaterial. O goberno local contratou este investigador para desenvolver un proxecto pioneiro no que desenvolverá "a recolla, transcrición, estudo e clasificación da Literatura de Tradición Oral e do Patrimonio Cultural Inmaterial". Centros escolares e asociacións culturais serán os principais axentes que desenvolverán, co apoio deste profesional, entrevistas ás persoas maiores que gardan estas tradicións e coñecementos.
O proxecto procurará dar conta de "cancións, contos, lendas, romances, coplas, refráns, adiviñas, oracións, responsos… Tamén se recollerán os coñecementos relacionados cos oficios artesanais (muiñeiros, carpinteiros, pedreiros…), cos nomes da terra (microtoponimia) e coas celebracións comunitarias (festas, romarías…)", segundo explica o web do propio concello.

Universo culturagalega.gal

19/12/2013

O tesouro da Guarda

O proxecto Tesouros vivos do mar amosa o patrimonio marítimo inmaterial deste concello

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Lugares