Unha guía para entender o urbanismo histórico das vilas galegas

O libro "A paisaxe no tempo" está dispoñible en libre descarga

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Vilanova dos Infantes (Ourense) na publicación.

Vilanova dos Infantes (Ourense) na publicación.

José González-Cebrián Tello e Miguel Ferreira Villar foron os redactores da publicación A paisaxe no tempo. Marco urbano e ambiental dos núcleos históricos menores en Galicia, que edita o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente. A publicación amosa a través de ilustracións, mapas e fotografías, as "características morfolóxicas dos núcleos históricos menores de Galicia", comparando o seu punto de partida histórico e a súa configuración actual. O enfoque, estritamente urbanístico, non se detén en aspectos históricos ou económicos, senón no papel determinante da xeografía. A publicación permite coñecer a estrutura de localidades como Betanzos, Corcubión, Fisterra, Muros, Noia, Padrón, Mondoñedo, Ribadeo, Samos, Allariz, Castro Caldelas, Celanova ou Cambados e Tui, ata un total de trinta vilas e pequenas cidades.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

50 intensos anos

50 intensos anos

O 'voo americano' de 1956 revela as intensas transformacións do país na segunda metade do século XX