A literatura do paÃs está sendo escrita por sector en gran medida masculino (un 63% de homes fronte ao 35% de mulleres, e elas son máis novas), pouco profesionalizado (só un 17% se dedica en exclusiva á escrita) e cunha dedicación a tempo completo a oficios como a docencia, cunha media de idade de 54 anos e na que menos do 10% dos seus ingresos anuais por dereitos de autor. Son datos obtidos a partir do propio censo de socios da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), quen sinala que máis do 90% teñen estudos universitarios. O informe sinala o inicio tardÃo da publicación literaria. Os datos proceden da primeira parte do Libro Branco que está a realizar a AELG para obter unha radiografÃa do sector. No vindeiro ano, realizaranse unha serie de informes xurÃdicos para completar estes datos. Os escritores declaran tamén o escaso apoio da TVG (só un 4% avalÃa positivamente o tratamento da literatura) e algo mellor o da Radio Galega). Os escritores consideran escaso o labor de promoción das librarÃas galegas e da crÃtica literaria, asà como reclaman un maior apoio institucional tanto para a profesionalización literaria como para o fomento da lingua galega.