A Deputación de Pontevedra adquire parte do arquivo de Xosé Velo

Publica un documental co gallo do 60 aniversario do 'Santa Liberdade'

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O 22 de xaneiro de 1961, un grupo de opositores ao réxime franquista e salazarista secuestraron o trasatlántico "Santa María", protagonizando un sonado incidente internacional. Un dos líderes era o celanovés Xosé Velo Mosquera, máis coñecido como Pepe Velo, unha figura importante na defensa da identidade galega no exilio republicano de Venezuela. Agora, a Deputación de Pontevedra informa de que adquiriu parte do seu arquivo persoal ao seu fillo Victor, composto por fotografías, cartas e outros escritos. A Deputación está dixitalizando todo o material e confía en poñelo a disposición dos cidadáns a principios de 2022. Tamén fixo público un documental producido por Arraianos Produccións que presenta os feitos do trasatlántico "Santa María", alcumado durante o secuestro como "Santa Liberdade".

Mira o documental completo

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Velo, Deputación de Pontevedra, Documental, Identidade...