Celanova recupera o legado de Xosé Velo no seu centenario

Unha exposición, filmes e música exploran o legado deste activista

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
Xosé Velo

Xosé Velo

Coñecido sobre todo pola súa partipación no secuestro do trasatlántico Santa María,
Xosé Velo Mosquera foi tamén co-fundador das Mocedades Galeguistas e tivo un activo papel como dinamizador cultural e político da sociedade galega en Caracas. A coincidir cos cen anos do seu nacemento, o Concello de Celanova, en Colaboración coa Fundación Curros Enríquez e a Consellaría de Cultura presentaba un programa co que quere reivindicar ese legado. Unha exposición sobre o episodio do Santa María ,que estará aberta desde o 21 de abril ata finais de agosto centra os actos. Ademais, proxeccións de filmes como Pepe Velo, verbas como lóstregos, de Xan Leira; Santa Liberdade, de Margarita Ledo e Assalto ao Santa María, de Francisco Manso ou un concerto de 2naFronteira no que se poderán escoitar temas compostos a partir de versos de Velo fan parte do programa.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Velo, Celanova, Xan Leira, Fundación Curros Enríquez...