O Consello da Xunta de Galicia aprobou na súa xuntanza do 21 de xaneiro as bases dunha nova liña de subvencións coas que o Goberno Galego quere apoiar as salas de concerto do paÃs. Pensada para mitigar os efectos da pandemia de Covid-19 no sector, a vindeira convocatoria achegará un total de 800.000 euros que se distribuirán a razón dun máximo de 20.000 por local, co que a Xunta agarda chegar a 40 destes espazos culturais por todo o paÃs. Segundo recolle o resumo do Consello, estas axudas pretenden "achegar liquidez aos locais de música ao vivo para enfrontar os efectos do seu peche durante estes meses, asà como para retomar a súa actividade unha vez se levanten as restricións sanitarias".
As entidades solicitantes deberán "Ter realizado un mÃnimo de 15 concertos durante o ano 2019 e máis a presentación dunha proposta para o desenvolvemento deste mesmo mÃnimo de actuacións entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2021, como parte da programación musical do Xacobeo 2021", segundo adianta a Xunta dunhas bases que se publicarán no DOG proximamente.