O verán sempre vale para desenterrar o pasado a través das campañas arqueolóxicas. Hoxe falamos de dúas: na Coruña acaban de atopar restos do arco dunha das portas do burgo medieval na rúa de San Carlos, moi preto do Arquivo do Reino de Galicia. As murallas da cidade comezaron a ser construÃdas a finais do 1300. E en Ourense, as escavacións do castro de Santomé, financiadas pola Fundación Barrié, permitiron achar fragmentos de cerámica de “importación” procedentes de Francia, Italia central e A Rioxa. Santomé é un castro fundamental para comprender a transición entre o mundo castrexo e o romano.
Máis información en
La Voz de Galicia e na edición de hoxe de La Región