A Rede Iberoamericana de Arte Urbana nace con participación galega

O colectivo elaborará unha Guía de Boas Prácticas para a Organización de Festivais

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Rede Iberoamericana de Arte Urbana nace con participación galega

Un encontro en liña na tarde desde 18 de decembro bota a andar as actividades da Rede Iberoamericana de Arte Urbana, acabada de nacer. A entidade, impulsada pola galega ​7H Cooperativa Cultural conta con Asalto Proyectos Culturales (Zaragoza), Fundación Contorno Urbano (Barcelona),​ Madrid Street Art Project (Madrid), Mistaker Maker (Lisboa) e Parees Fest (Oviedo), "aspira a construír un espazo aberto de diálogo e reflexión transformadora que inflúa tanto nos modelos de xestión privados como nas políticas públicas culturais que inciden no sector".

Este primeiro encontro abordará en tres relatorios as cuestións da profesionalización e boas prácticas arredor deste ámbito creativo, a igualdade de xénero e mais a relación de periferia e arte contextual. A partir desta e das vindeiras xornadas a Rede pretende elaborar unha Guía de Boas Prácticas na Organización de Festivais de Arte Urbana. Segundo sinalan desde 7H "o documento, aínda inexistente no sector, é considerado polas entidades promotoras como unha condición imprescindíbel para conseguir xerar emprego sustentábel e de calidade". 7H é reponsable da organización do Delas Fest e mais do Laboratorio de Arte Urbana.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arte urbana, Madrid, Guía, Oviedo...