A Fundación Emalcsa Distribúe 800.000 euros en proxectos de cultura inclusiva na Coruña

A cidade acolle ata o 13 de decembro o IX Encontro Artes pola Integración

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A Fundación Emalcsa Distribúe 800.000 euros en proxectos de cultura inclusiva na Coruña

Catorce entidades da Coruña repartirán os 800.000 euros da V Convocatoria Cultura Accesible e Inclusiva que organiza a Fundación Emalcsa con Vegalsa-Eroski e a Fundación María José Jove. Segundo sinalou a alcaldesa da cidade, Inés Rey, na presentación desta liña de axudas, os fondos apoiarán "proxectos inclusivos de entidades con traxectoria e experiencia no eido da cultura, e para seguir sobre todo dándolle protagonismo á cultura como ferramenta transformadora que nos fai a todos medrar como sociedade".

Poten100mos, Asociación Participa para a Inclusión Social, Amigos do Museo de Belas Artes, Asociación Cultural 3x4, Asociación Cultural Coruñesa Negus, Viraventos, Ese8, Asociación Cultural para a Integración Social Viraventos, Asociación Cultural Zalaeta, Mundo Sen Guerra e Sen Violencia, Sociedade Filatélica da Coruña, Demusicade2, Asociación Socio-cultural Acampa e Ampa Zalaeta Campo da Leña son as beneficiarias desta convocatoria.

A coincidir coa presentación, este 11 de decembro comeza na cidade o IX Encontro Artes pola Integración. Ata o vindeiro 13 o programa achega propostas de danza e flamenco inclusivos, mesas redondas e mais exposicións fotográficas e audiovisuais. Carlota Pérez, a Compañía José Galán, Nuria Sotelo ou a Compañía 5s fan parte das propostas, ás que se pode asistir de balde con reserva previa.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Inés Rey, Nuria Sotelo, Guerra...

Claves

Protagonistas
Lugares