Ata agora, para coñecer a tradición muralista de LuÃs Seoane, cumprÃa acudir a Bos Aires e visitar edificios de oficinas, residencias, parques... Agora, un anaco desa verquente artÃstica do pintor, da que en Galicia non se conservaban pezas, está visible para sempre no Museo Gaiás da Cidade da Cultura. A ConsellerÃa de Cultura adquiriu en Bos Aires un mural elaborado polo artista para a Fábrica de Porcelanas La Magdalena. Foi Isaac DÃaz Pardo quen llo encargou a Seoane como división funcional de espazos dentro da área comercial e de oficinas da empresa. O mural, que ten unha dimensión de 230x290 centÃmetros, está formado por catro paneis ensamblados nos que Seoane plasmou "unhas rodas lembran ás dos carros de bois, mentres que na parte inferior se atopan as ondas do mar e conta coa sinatura caracterÃstica do autor no ángulo superior esquerdo". O mural é testemuña da converxencia entre unha arte de referencias galegas cunha tradición artÃstica moi notable en América Latina, coma os murais.
Os murais de Seoane en Bos Aires, retratados para a exposición "Galicia, un relato no mundo" (Museo Gaiás, 2019).
Os murais de Seoane en Bos Aires, retratados para a exposición "Galicia, un relato no mundo" (Museo Gaiás, 2019).