Ortiga e Rodrigo Cuevas comparten unha nova residencia musical da Fundación Paideia Galiza

Desde hoxe os músicos compartirán proceso creativo e crearán e gravarán un tema conxunto en Estudios Mans

Desde hoxe os músicos compartirán proceso creativo e crearán e gravarán un tema conxunto en Estudios Mans
Rodrigo Cuevas e Ortiga
Hoxe comeza a octava edición do proxecto LA RESIDENCIA, olaboratorio musical promovido pola Fundación Paideia Galiza, a través de Estudios Mans e en colaboración con Radio 3, para poñer a disposición de artistas de diferentes estilos musicais un espazo anovador de experimentación. O artista asturiano Rodrigo Cuevas e o santiagués Ortiga compartirán nesta ocasión esta residencia musical pola que xa pasaron bandas e artistas da escena galega e española coma Izal, Depedro, Amaro e Iván Ferreiro, Love of Lesbian, Viva Suecia, Rufus T. Firefly, Luisa Sobral, Zahara, Novedades Carminha, Dellafuente, Coque Malla e Morgan. Tras una semana na que ambos artistas compartirán o seu proceso creativo para compoñer e gravar un tema inédito en Estudios Mans, o vindeiro venres 11 de decembro o presentarán dentro do programa de Radio 3 Hoy empieza todo, que se emitirá en directo entre as 7:00 e 9:00 da mañá desde o propio estudio de gravación.

Rodrigo Cuevas descríbese coma “axitador folclórico” e cos seus dous traballos ata o momento (Prince of Verdiciu e Manual de Cortejo) é un referente da experimentación musical coa tradición popular coma base. Ortiga é o proxecto en solitario de Manuel ‘Chicho’ González, no que dá saída ao seu gusto polas fusións entre o pop, as melodías de verbena, cumbia e uso de autotune e sintetizador MIDI.