A Fundación Paideia presenta unha xornada profesional do sector musical aberta ao público

O I Encontro de Música Aberta terá lugar o 6 de novembro nos Estudios Mans da Coruña

"Estamos en sintonía" é o lema co que chega o Iº Encontro de Música Aberta a Galicia este mes de novembro: coa idea de sintonizar ao sector musical galego en torno a unha xornada aberta a todos os públicos centrada na formación, o debate e o encontro. Deste xeito, esta nova iniciativa da Fundación Paideia coa colaboración da Xunta de Galicia terá lugar nos Estudios Mans da Coruña o mércores, 6 de novembro, desde as sete da mañá coa retransmisión con público en directo, do programa de Radio 3 'Hoy empieza todo', guiado pola xornalista Irene Valiente. Ata as dúas da tarde pasarán polos Estudios Mans da Coruña artistas como Abraham Cupeiro, co seu singular espectáculo Resoando no pasado e cunha masterclass de creación de instrumentos; o dúo Soleado, o novo grupo de fusión indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla Juanma Latorre e a cantante e compositora Ester Rodríguez, que participarán nun showcase comentado. O diálogo chegará da man de Laura Iturralde, que moderará a conversa creativa 'Show Must Go On!: da teoría á práctica dos espectáculos en vivo', xunto aos artistas Marta Verde, Teresa Tresandí e Víctor García Aka Death Whistle. O acceso a este I Encontro de Música Aberta (EMA) é libre ata completar a capacidade do espazo, con inscrición previa a través da plataforma da Fundación Paideia