A proposta intimista, sinxela e emocionante de Lau, coa soa compaña da súa guitarra, convenceu ao xurado do concurso musical Outra+Outra de Estudios Mans para artistas emerxentes, que ela venceu o pasado venres na Sala Malatesta de Santiago. Lau xa foi en outubro a gañadora da Batalla de Bandas Mahou-Estudios Mans, co cal este premio consolida a súa proxección e dálle a oportunidade de usar os recursos dos estudios propiedade da Fundación Paideia para a gravación dun EP e de un video-single de carácter falso directo. O xurado conformado polos representantes de artistas Patricia Hermida e Josiño Carballo e o músico Carlangas (Novedades Carminha) votaron por unamimidade a favor de Lau e ademais outorgaron un segundo premio á banda Maestro, que grazas a iso poderán levar a cabo a gravación profesional en Estudios Mans dun single e un video, tamén de carácter de falso directo. Inland Valley, Lora e Moito! So as outras agrupacións que chegaron á final de Outra+Outra 2019.