Dende hoxe, mércores 2, e ata o vindeiro domingo terá lugar no Museo do Mar de Vigo unha nova edición do ciclo de concertos Mar de Cultura, a cargo maioritariamente de artistas femininas. Oito actuacións conforman este ciclo de asistencia gratuÃta pero que precisa reserva previa (a través de correo electrónico e máximo dúas entradas por petición) para o acceso dado ao restrinxidas das capacidades do recinto. Ugia Pedreira abre hoxe ás 18:00 horas o ciclo, mentres que mañá terá lugar a xornada Mar de Mulleres coas actuacións de De Vacas, Guadi Galego e UxÃa e Felisa (LeilÃa), que se transmitirá en liña a través da páxina Facebook do Museo do Mar. Ailá, o venres, as cantautoras Silvia Penide e Carla López o sábado ás 18:00 e finalmente a actuación o domingo de Emilio Rúa como peche, completarán este ciclo que nesta ocasión quedará restrinxido para público da área de Vigo ante as restricións de mobilidade da Xunta de Galicia.