Este venres 4 de decembro de 2020 cúmprense cinco séculos da celebración dunha xuntanza singular que pasou ao esquecemento: a Asemblea de Melide. Vintecinco nobres, poderosos e representantes das cidades e vilas do Reino de Galicia xuntáronse en Melide para pedir ao rei Carlos I o retorno do voto en Cortes para o paÃs, que exercÃa a cidade de Zamora, xunto con outras importantes reivindicacións. O concello e o Museo de Melide, coa colaboración do Consello da Cultura Galega, son os promotores dunha iniciativa que busca recuperar para a memoria de Galicia un acontecemento que axuda a comprender a historia do paÃs.
A finais de marzo de 1520 Carlos I, en camiño cara o porto da Coruña para partir á súa coroación como emperador do Sacro Imperio, decidiu celebrar cortes en Santiago de Compostela. O asunto era insólito: o rei convocaba unhas cortes ás que non estaba convocada ningunha cidade do reino que as acollÃa nin ningún dos seus poderosos. O reino de Galicia perdera o voto en Cortes un século antes en escuras circunstancias e a cidade de Zamora exercÃa o voto por el. O asunto xeneraba un enorme malestar no paÃs, como se pode comprobar no escrito que lle dirixiron as cidades da Coruña e de Betanzos ao rei cando souberon da convocatoria de Cortes: “non é cousa xusta que unha cidade doutro reino fale nin dea voto por Reino tan antigo e noble coma este de Galicia, en especial en cousas das que a Vosa Maxestade non é servido”. Pero o conflito nunca se escenificara como aquel dÃa.
No convento de San Francisco de Santiago presentáronse o Arcebispo Fonseca e Fernando de Andrade, dous dos aristócratas máis poderosos do paÃs. Pretenderon pasar á sala de deliberacións no que se atopaban as cidades castelás facendo valer os dereitos do Reino de Galicia pero o acceso foilles impedido, e vivÃronse escenas de gran perturbación e nerviosismo. As cortes trasladáronse á Coruña e volvéronse producir protestas.
Na metade do reino
O asunto non quedou aÃ. O 4 de decembro de 1520 unha importante representación da nobreza galega encabezada polo arcebispo Fonseca e Fernando de Andrade, aos que se sumaban as poderosas casas condais do paÃs, como a de Altamira, Benavente, Lemos, Vilalba e o marqués de Astorga (estivo ausente a condesa de Ribadavia) reuniuse na vila de Melide. Pola súa condición de centralidade xeográfica, ou como se dicÃa nese tempo, “por estar na metade do reino”, Melide fora un importante lugar de xuntanza durante a Idade Media. AÃnda que se descoñece o lugar de celebración da Asemblea, consérvanse as “capitulacións”, ou sexa, as actas da Asemblea. Un documento no que aquel conxunto de notables e cidades se dirixÃan ao rei comunicándolle varias informacións e peticións.
En primeiro lugar, afirmaban a fidelidade ao monarca e lle indicaban que Galicia se manterÃa allea ao conflito comuneiro que naquel momento remexÃa Castela, mudando nun movemento antiseñorial. Os señores galegos non querÃan que se repetira a revolta irmandiña. O segundo -e posiblemente a cambio dese apoio- os asinantes solicitan acadar o voto en cortes para Galicia. Outras importantes peticións dan conta das urxencias para Galicia, como a creación dunha Casa de especiarÃa para poder iniciar a explotación comercial do Novo Mundo, ou crear unha capitanÃa xeral para Galicia, que permitise organizar a defensa militar da costa, ata o momento totalmente a mercé de piratas e flotas inimigas. As capitulacións demandaban armas e pan para alimentar a crise, pero tamén algúns datos aparentemente curiosos, como o de eliminar as multas pola celebración de vodas numerosas. Os Reis Católicos prohibÃranas para “minorar a forza dos lazos de sangue entre os membros das liñaxes que favorecÃan a formación de banos belicosos”, segundo Pegerto Saavedra.
O rei Carlos I atendeu de maneira distinta as reivindicacións da Asemblea de Melide. Concedeu a Casa de EspeciarÃa, que iniciou as exploracións galegas ao Atlántico, e a CapitanÃa Xeral de Galicia, que irÃa a parar a Fernando de Andrade. Pero deu longas á concesión do voto, e ascenderÃa “á búlgara” a Fernando de Andrade e o Arcebispo Fonseca para afastalos de Galicia. Non serÃa ata un século despois, en 1623, cando o conde-duque de Olivares concederÃa o dereito de voto en Cortes para Galicia, nunha interesante operación polÃtica levada a cabo polas cidades e figuras influÃntes do reino.
A Asemblea de Melide fica como testemuña dos intentos dos poderosos, cidades e vilas do reino de Galicia por facer valer a súa voz nun momento de especiais cambios históricos. Este venres, en Melide, soará o Himno do Antigo Reino, leranse unha escolma das capitulacións e un acto na Casa da Cultura, ás 18.30 horas.